Xestión de citas
Cargando
Cargando...
Aviso Legal Este Portal ten por obxecto poñer á disposición dos usuarios totalmente de balde diferentes servizos e informacións relacionadas coa Axencia Tributaria de Galicia.

Este sitio web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, sons e calquera outro material, son propiedade da Xunta de Galicia a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por Lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O usuario non poderá acceder ao Portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servicios ofrecidos, nin acceder a sitios, servicios, sistemas informáticos ou a redes conectadas ao Portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. En particular, queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e a introdución de virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.

A Axencia Tributaria de Galicia non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ao uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situadas nesta páxina.

A Axencia Tributaria de Galicia resérvase o dereito de suspender temporalmente o acceso ao portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos, ten carácter meramente ilustrativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Os datos que se recollan trasladaranse por medios informáticos ou arquivaranse co consentimento do cidadán, quen poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.
Protección de datos

Información sobre protección de datos

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, infórmase do seguinte:

Responsable do tratamento

Identidade: Axencia Tributaria de Galicia
Enderezo postal: Rúa Pastoriza 8, 1ª, 3ª e 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.
Correo electrónico: proteccion.datos.cita.previa@atriga.es
Delegado de protección de datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos

Finalidade

Os datos persoais recollidos neste formulario serán tratados coa finalidade de rexistrar e xestionar o sistema de Cita Previa para a atención dos contribuíntes/ cidadáns que presenten solicitudes a través do mesmo.

Lexitimación

O tratamento dos datos está baseado no cumprimento dunha obrigación legal e no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos segundo a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, e demais normativa xeral e sectorial aplicable.

No caso de non proporcionar os datos solicitados non será posible a tramitación da consulta.

Destinatarios

Os datos das consultas non se comunicarán a terceiros, salvo por unha obrigación legal ou a outros órganos da administración pública, cando sexa necesario para a tramitación da solicitude e deban pronunciarse sobre o contido da mesma.

Dereitos

Poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos. Ademais terán dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos.

Información adicional

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
1. Oficina
2. Trámite
3. Data e hora
4. Datos persoais
5. Confirmación
  • * Información obrigatoria.
  • O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice estará suxeito ó establecido na ligazón "Regulamento de Protección de Datos de Carácter Persoal"
Selecciona o trámite:
Selecciona a data e a hora e preme o botón confirmar cita:
Aviso
  • Dispoñible
  • Seleccionado
  • Non dispoñible
Considero que podo ser atendido telefonicamente e autorizo que me chamen por teléfono para recibir a información solicitada Considero que podo ser atendido telefonicamente e autorizo que me chamen por teléfono para confeccionar o modelo de autoliquidación (esta opción só é válida se tes medios informáticos que te permitan aportar a documentación necesaria así como descargar o modelo de autoliquidación confeccionado). En caso de non aportar dita documentación non se poderá atender a cita. Autorizo a que me chamen no número de teléfono
Atención exclusivamente telefónica Autorizo a que me chamen no número de teléfono
Confeccionar o modelo e autoliquidación (esta opción só é válida se ten medios informáticos que lle permitan aportar a documentación necesaria así como recibir o modelo de autoliquidación confeccionado). En caso de non aportar dita documentación non se poderá atender a cita.
Tributo sobre o cal vai versar a túa solicitude de información.
Detectouse outra cita concertada para a mesma hora:
Continuar igualmente?
Datos da cita:
  • Particular Colaborador Social
Datos persoais:
Desexas confirmar a cita?
  • Para que trámites podo solicitar cita para atención presencial nunha oficina?

    Os trámites para os que podes solicitar cita presencial son:

    • A presentación dos modelos de autoliquidación 600, 620, 650, 651 e 660.

      Requisitos para a presentación presencial:

      • Modelo de autoliquidación debidamente cuberto que poderás confeccionar na OVTributaria ou adquirilo nos estancos autorizados, Oficinas de distrito hipotecario e Oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.
      • Ingreso da cota tributaria, sen prexuízo da posibilidade de presentar solicitude de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo que determine a normativa tributaria.

        Se a cota tributaria a ingresar é igual ou inferior a 3.000€ podes pagar mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal Punto de Venda (TPV) físico da Delegación da Atriga ou nunha entidade financeira colaboradora; se é superior a 3.000€ deberá ser ingresada nunha entidade financeira colaboradora.

        NOTA: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario NON teñen TPV físico para realizar o pago nas oficinas.
      • Achegar a documentación requirida que podes consultar nas guías dos impostos. A documentación deberá presentarse sen grampas, clips, espirais, encadernado ou calquera outro medio que dificulte a súa dixitalización.
        Se a presentación dos impostos se realiza por un terceiro distinto ao suxeito pasivo, deberase aportar o correspondente modelo de representación.
    • Solicitar certificado de ausencia de débedas.
    • Información sobre algún expediente existente ou trámite administrativo consecuencia dun procedemento de xestión ou recadación cuxa competencia corresponda a órganos da Axencia Tributaria de Galicia.
    • Información tributaria xeral sobre transmisións patrimoniais, vehículos, sucesións, doazóns, recadación, tributación sobre o xogo, tributos propios, taxas e patrimonio.
    • Solicitar asistencia na confección dos modelos 600 e 620.
  • Para que trámites podo solicitar cita para atención telefónica (Chamámoste)?

    Os trámites para os que podes solicitar cita para atención telefónica son:

    • Información sobre algún expediente existente ou trámite administrativo consecuencia dun procedemento de xestión, recadación ou embargo cuxa competencia corresponda a órganos da Axencia Tributaria de Galicia.
    • Información tributaria xeral sobre transmisións patrimoniais, vehículos, sucesións, doazóns, tributos e procedementos, recadación, embargos, tributación sobre o xogo, tributos propios, taxas, imposto de patrimonio e imposto sobre o depósito de residuos.
    • Solicitar asistencia na confección dos modelos 600 e 620.
  • Como podo solicitar cita no curso dun procedemento inspector?

    Para solicitar cita no curso dun procedemento inspector, debes chamar ao número de teléfono que figura no escrito de comunicación de inicio de dito procedemento.

  • Para presentar escritos referidos a un expediente e solicitudes, teño que pedir cita?

    A presentación de escritos referidos a un expediente e de solicitudes podes facela nos Rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios que estipula a Lei 39/2015, do 1 de outubro. Se tes certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365 podes presentalos na sede electrónica da Xunta de Galicia polo Procedemento PR004A.

    As alegacións, recursos ou contestación a requirimentos da Atriga, podes presentalos a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Atriga, se o documento notificado conta con Código Seguro de Verificación e dispós de certificado dixital ou DNI electrónico. Tamén podes presentar a través da OVT da Atriga as solicitudes de aprazamento e fraccionamento de débedas, de compensación de débedas, de devolución de ingresos indebidos e de prórroga ou de suspensión do imposto de sucesións.

  • Podo solicitar cita para presentar autoliquidacións de forma presencial se son unha persoa ou entidade obrigada a relacionarme de forma electrónica coa Administración?

    A presentación electrónica das autoliquidacións e, se é o caso, da súa documentación complementaria ten carácter obrigatorio para as seguintes persoas ou entidades, agás nos casos excepcionados:

    - As persoas xurídicas.

    - As entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

    - As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación e pago electrónico.

    - As persoas ou entidades que, de acordo co que prevé o artigo 92 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, teñan a condición de colaboradores sociais na aplicación dos tributos e cumpran os requisitos e as condicións que estableza a normativa vixente.

    Excepcións á presentación electrónica obrigatoria:

    - Modelo 620: Nos casos en que non se poida obter a validación do vehículo da Dirección Xeral de Tráfico e nos casos en que o vehículo teña matrícula estranxeira; Autoliquidacións complementarias.

    - Modelo 600: Autoliquidacións complementarias

    - Modelo 650: Entre outras: Liquidación no caso de herdeiros descoñecidos, a renuncia cando o renunciante ten un grupo de parentesco co causante superior ao que lle corresponde ao beneficiario, o usufruto sucesivo cando entra o segundo usufrutuario, a substitución fideicomisaria, a consolidación de dominio nun terceiro distinto do nu propietario e dereito de uso e habitación cando se constitúe xunto co dereito de usufruto e a liquidación de seguros de vida anteriores a 1987 da disposición transitoria cuarta da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto de sucesións e doazóns.

    - Modelo 651: Entre outras: A presentación de complementarias, a doazón de bens cando non todos están na Comunidade Autónoma de Galicia; o usufruto simultáneo a favor de cónxuxes e o dereito de uso e habitación cando se constitúe xunto co dereito de usufruto.

Selecciona a provincia:
Selecciona o trámite:
Selección perfil de solicitante
Particular
Selecciona data fin de prazo:
Como coñecer a túa data de fin de prazo Sig
A túa data fin de prazo:
Debes solicitar unha cita nunha data posterior á actual e mais próxima á data de fin de prazo
Colaborador Social
Como coñecer a túa data de fin de prazo
A túa data fin de prazo:
Debes solicitar unha cita nunha data posterior á actual e mais próxima á data de fin de prazo
LogotipoXunta
@ Información mantida e publicada na Internet pola Consellería de Facenda e Administración Pública Aviso Legal | Atendémoste